FꓤANCISCO JAVIER ЯODRÍGUEZ AMOЯÍN

Anekdotas o lapsus na razón.

Mostrando entradas con la etiqueta Iniciativa Galega pola Memoria. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Iniciativa Galega pola Memoria. Mostrar todas las entradas

1 ago 2022

69 - Hasta que no se hable de los verdugos...

San Simón, o cómo el PP se afana en borrar la memoria.
Montse Fajardo, periodista y activista de Iniciativa Galega pola Memoria,
en el blog Verdad Justicia Reparación, de Público.

Relatos de verano: “Taller sobre el uso del Martillo”.
Crónica Libre presenta una nueva sección veraniega de relatos cortos negros. La inaguramos de la mano del periodista, escritor y editor, Manuel Blanco Chivite, con su original mezcla de reflexiones críticas, humor oscuro y ficción.


    Medios de comunicación que analizan la actualidad.

  • 01/08/2022 - Sobre el “capital canalla”.
  • El Comité para la abolición de las deudas ilegítimas (CADTM) publica este comentario sobre la noción de capital canalla contenida en el interesante estudio titulado La financiarisation du paludisme en Afrique. Le Burkina Faso, capitaux voyous et moustiques génétiquement modifiés. (La financiarización del paludismo (malaria) en África. Burkina Faso, capital canalla y mosquitos genéticamente modificados) escrito por Sasha Mentz-Lagrange y Stefanie Swanepoel para el Centro Africano para la Biodiversidad (ACB).



  • 01/08/2022 - “Hasta que no se hable de los verdugos, no habrá verdad, justicia y reparación”.
  • Recién aprobada la Ley de Memoria Democrática, es preciso escuchar a las asociaciones y agentes sociales que defienden a las víctimas de la represión franquista y su memoria. Relatoras Producciones lleva años realizando documentales que rescatan el testimonio de estas personas, girando por localidades de toda España y recuperando las voces que han sido silenciadas por la historia.



  • 01/08/2022 - La fatiga es el síntoma persistente de covid-19 más común en diferentes variantes del virus.
  • Un estudio español ha comparado los síntomas durante la fase aguda y a los seis meses de la infección de las variantes Wuhan, alfa y delta del SARS-CoV-2. La primera tuvo más síntomas persistentes, que siguen una potencial tendencia descendente conforme aparecen distintas versiones y la progresiva vacunación.

    CSIC Divulga


  • 26/07/2022 - Entrevista a Inna Afinogenova. ¿Por qué dejó RT y vino a vivir a España? ¿Se arrepiente?.
  • Entrevistamos a Inna Afinogenova por segunda vez, la primera fue pocos días antes de la invasión de Rusia a Ucrania, cuando Inna trabajaba en RT. Le preguntamos por los motivos que la llevaron a dejar RT y abandonar Rusia para ir a vivir a España. También analizamos el estado de los medios de comunicación en general y en especial del tratamiento de la guerra en Ucrania.

     Pandemia Digital.


  • Un poco de música: Ximiélguense · Ḷḷercia.




  • Un poco de música: ROCK STAR:
  • Mariano Muniesa conduce uno de los espacios rockeros más longevos de la radio española. En él, rinde culto a las viejas glorias y nos pone al día de las últimas novedades, siempre bajo una amplia variedad estilística. Además, son muchos los artistas que se sientan frente a sus micrófonos.
    En directo, de Lunes a jueves de 16:00 a 18:00.





22 jul 2019

Acto contra a impunidade San Simón 2019

Vítimas do franquismo esixen en San Simón que o estado cumpra os tratados internacionais e acate a non prescrición dos delitos de lesa humanidade

A escritora e xornalista Ana Cabaleiro, condutora do acto, lembrou que o que non se xulga e se condena non é amnistiado, senón fica impune.
Chato Galante, unha das persoas qeu denunciou en Bos Aires as torturas de Billy el Niño, agradeceu o apoio de Galiza á querela arxentina.
O acto organizado pola Iniciativa Galega pola Memoria homenaxeou a Darío Rivas e a guerrilleira Chelo Rodríguez, que finaron este ano

“O que non se xulga e se condena non pode ser perdoado, non se pode amnistiar un delito que non foi cometido (…)No referente aos crimes franquistas, cando falamos de amnistía, en realidade do que estamos a falar é de impunidade”. A denuncia realizouna a escritora Ana Cabaleiro no encontro nacional que os colectivos pola memoria celebraron este domingo en San Simón no só para render homenaxe ás vítimas e ás súas familias senón tamén para reivindicar o fin desa impunidade que, lembrou Cabaleiro, “ lonxe de ser derogada e revertida desde os poderes institucionais correspondentes, de tanto manterse no tempo chegou a propiciar, nos últimos anos, o envalentonamento dos reaccionarios e herdeiros da ditadura, que pugnan por seguir impoñendo e lexitimando o seu ideario de represión e espolio”.

No ano en que se cumpren oitenta do fin da guerra civil en España e dez desde que “a sociedade civil” a través da Iniciativa Galega pola Memoria, tomou as rendas da organización da homenaxe ante a desidia da administración autonómica, Cabaleiro esixiu tamén no nome de todos os colectivos que a conforman “a regulación da apoloxía do franquismo como delito e a prohibición de toda exaltación do mesmo”.

Lembrou na súa intervención como condutora do acto central celebrado ás doce do mediodía, que neses oitenta anos “ escribiuse coa tinta dunha ditadura, coa tinta dunha transición á democracia falsamente cualificada como ‘pacífica e modélica’, e coa tinta dunha Lei de Amnistía, ignominiosa e insultante, que baixo o cínico argumento de non reabrir feridas derivou nunha impunidade efectiva de todos os crimes cometidos desde o golpe de Estado de 1936 ata a promulgación desta lei en 1977. A historia destes 80 anos foi escrita, polo tanto, coa tinta do silenciamento, do ocultamento e, mesmo, da negación do terror que asolagou este país”.

Derogar esa lei para acabar coa impunidade foi o clamor da xornada, protagonizada polas propias vítimas. Chato Galante, torturado por Antonio González Pacheco, Billy el Niño e un dos asinantes da querela arxentina, desprazouse desde Madrid para reivindicar na illa o dereito á xustiza universal e para lembrar que Galiza foi unha zona “especialmente castigada” polo que “ademais dos acenos de recoñecemento precisa de accións que garantan os principios de verdade, xustiza e reparación para todas as persoas que sufriron crimes de lesa humanidade, que nunca poden prescribir”. Galante foi precedido na palabra por Celso López, membro da Asamblea Republicana de Vigo, que tras lembrar a recente adhesión do movemento galego á coordinadora de apoio á querela (CeAqua) reclamou que o estado aplique os tratados internacionais subscritos no ámbito xudicial que recollen a non prescrición dos delitos de lesa humanidade e polo tanto a imposibilidade de amnistialos.

Pola súa parte, o investigador Moncho Ermida lembrou que “tamén na Galiza temos moitos Billy el Niño” e instou ao movemento memorialístico a “poñer riba da mesa” os nomes das persoas que participaron en torturas, sobre todo nos últimos anos da ditadura e na transición. El mesmo recitou algúns mentres que Elvira Cienfuegos, compoñente da asociación cultural O Galo de Compostela, deu lectura a un texto emotivo e arrepiante, no que un ex traballador de Citröen torturado naquel tempo daba consellos precisos aos seus camaradas sobre como resistir aos golpes. Un histórico texto que foi traducido ao euskera e utilizado por agrupacións antifranquistas de todo o territorio español.

O acto, que contou coa actuación musical de Lucía César Veloso, serviu como homenaxe ao promotor da querela, Darío Rivas, e á guerrilleira antifranquista Chelo Rodríguez, finados este ano. Tamén para amosar o respaldo ao investigador Carlos Babío, denunciado polos Franco, que, finalmente non puido desprazarse á illa, tal como estaba previsto.

San Simón, 21 de xullo de 2019

 
inicio